Clientes e empregados da entidade financeira envorcáronse coa iniciativa solidaria “Ti, o elo máis importante”, desenvolvida durante a segunda semana de marzo en once oficinas de Vigo e a súa área de influenza
As dúas institucións reeditan unha colaboración estable, grazas á que se puxeron en marcha outras campañas de recolección de alimentos na provincia
Abanca entregou esta mañá á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo un total de 2.500 quilos de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene recollidos durante a iniciativa solidaria “Ti, o elo máis importante”. No acto celebrado en Vigo participaron, por parte do Banco de Alimentos, o seu vicepresidente Ernesto Badía, o seu tesoureiro Álvaro Janeiro e Antonio Rodríguez Lijo; e por parte da entidade financeira, o seu director territorial en Vigo, Jorge Martínez.
Grazas a esta campaña solidaria, os clientes e empregados de Abanca puideron depositar as dúas doazóns nos contedores especificamente habilitados en once oficinas de Vigo, Redondela, Porriño, Moaña, Nigrán, Ponteareas e A Guarda, así como na sede institucional de Abanca en Vigo. Unha iniciativa que se estendeu durante a segunda semana de marzo e na que se recolleron bricks de leite, alimentos infantís, paquetes de pasta, arroz ou legumes, botes de conservas vexetais ou produtos de hixiene, entre outros.
Ambas entidades manteñen unha colaboración estable e impulsaron conxuntamente diversas iniciativas para facilitar a recolección de alimentos nos últimos meses. Sen ir máis lonxe, na pasada primavera Abanca e o Banco de Alimentos activaron por segundo ano consecutivo unha campaña de doazón de cestas de produtos básicos en dez oficinas do Baixo Miño. Esta participación solidaria tamén tivo o seu reflexo nas ceas de Nadal de empregados da entidade financeira, nas que se recolleron alimentos non perecedoiros.
Sobre o Banco de Alimentos de Vigo A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo é una ONG creada hai ágora 22 nos. Na actualidad acuda a una 150 colectivos socias da provincia, que dan cobertura a preto de 25.000 personas con dificultades.